miércoles, junio 29, 2022
Palco VIP
  • Login
  • INICIO
Palco VIP
No Result
View All Result

Remodelación dos vestiarios do campo de fútbol Monte Aira de Velle

O Consello Municipal de Deportes aproba a obra

Remodelación dos vestiarios do campo de fútbol Monte Aira de Velle

Os vestiarios do campo de fútbol Monte Aira de Velle serán remodelados cun orzamento de licitación de 212.377,00 euros. Esta obra foi aprobada hoxe polo Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes e sairá a licitación mediante procedemento aberto simplificado.

O uso das instalacións do Campo de Fútbol Monte Aira veuse incrementado desde o ano 2017, cando comezou a adestrar nestas instalacións a Escola de Fútbol Feminino Rosalía de Castro. Isto fai que os usuarios destas instalacións ao longo da tempada superen os cincocentos cada semana.

Dado o avanzado estado de avellentamento no que se atopan o edificio de vestiarios, lavandería e local social do Campo de fútbol Monte da Aira, faise imprescindible a remodelación destes espazos para que os usuarios (máis de cincocentos deportistas por semana), poidan desenvolver a súa práctica de xeito confortable e seguro, xa que o mal estado das instalacións pode causar caídas, cortes ou lesións. Este feito abrangue tamén ao público que asiste ver os partidos, e se despraza polos espazos existentes, tamén crear un aseo accesible a persoas con diversidade funcional.

Así, os traballos consistirán na substitución da cuberta e dos falsos teitos; na renovación da instalación eléctrica e fontanaría; no recubrimento de vinilo en chans e paredes de vestiarios; na habilitación dunha estancia para novos vestiarios; na execución dun muro de peche de parcela en mal estado; no pintado de fachadas; na mellora do saneamento e drenaxes; e na cubrición da terraza no acceso a cafetaría

O presidente do CMD e concelleiro de Deportes, Mario Guede, recalca que “damos resposta deste xeito a unha demanda crecente que existe nesta instalación, con máis de 500 usuarios semanalmente. E continuaremos traballando para a mellora das infraestruturas deportivas da nosa cidade”.

Share3Tweet2
Previous Post

15 DE EQUIPOS OURENSÁNS RECIBEN MÁIS DE 230.000 EUROS da tempada 2020/2021

Next Post

Windsurf en Castrelo de Miño

  • INICIO

© 2021 Cadena ECO FM ©

No Result
View All Result
  • INICIO

© 2021 Cadena ECO FM ©

Welcome Back!

Login to your account below

Forgotten Password?

Create New Account!

Fill the forms below to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies

Add New Playlist

elit. pulvinar nunc et, vel, ut
Ir a la versión móvil