A Cidade do Fútbol de Las Rozas acolleu este xoves, presidida polo presidente da RFEF Luís Rubiales e na que tamén estivo o presidente da RFGF, Rafael Louzán, a primeira reunión informativa da Primeira RFEF cos 40 equipos integrantes da competición, entre eles os tres representantes galegos nesta nova categoría: RC Deportivo, Racing Club Ferrol e RC Celta B.
Ademais de aclarar os detalles nos que traballou a Real Federación Española de Fútbol para a posta en marcha da nova categoría, ao final do acto procedeuse á votación por parte dos clubs da distribución dos equipos entre os dous grupos distribuídos por criterios xeográficos cunha división Este-Oeste.
Así, e tras levar a cabo a votación, así se conformarán os grupos da Primeira RFEF:
GRUPO 1 GRUPO 2
Racing Club de Ferrol Sevilla Atlético
RC Deportivo de La Coruña Betis Deportivo Balompié
Real Racing Club de Santander Linares Deportivo
RC Celta de Vigo B Atlético Sanluqueño
CyD Leonesa San Fernando CDI
Athletic Club B Algeciras CF
CD Tudelano RB Linense
CD Calahorra FC Andorra
UD Logroñés UCAM Murcia
Real Valladolid Promesas CD Alcoyano
Zamora CF Albacete Balompié
Unionistas de Salamanca CF Real Madrid Castilla
UD San Sebastián de los Reyes Atlético Baleares
CF Rayo Majadahonda Villarreal CF ‘B’
DUX Internacional de Madrid CD Castellón
CF Talavera Gimnàstic de Tarragona
CD Badajoz UE Cornellà
Extremadura UD FC Barcelona ‘B’
Real Unión de Irún CF Sabadell
SD Logroñés UE Llagostera
Ascensos e descensos
O primeiro clasificado de cada grupo ascenderá de maneira directa á 2ª División Liga SmartBank e do 2º ao 5º de cada grupo disputarán un playoff en sede neutral para decidir os outros dous ascensos.
Descenderán a Segunda RFEF os cinco últimos clasificados de cada grupo.
O presidente Rafael Louzán, «moi satisfeito»
O presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), Rafael Louzán, mostrou a súa satisfacción ao termo da reunión desta mañá tras coñecerse o resultado final da votación e a distribución definitiva dos grupos. «Estou moi contento. A valoración é moi positiva, debido a que é a opción que querían os tres equipos galegos que competirán a partir da próxima tempada nesta nova categoría. Entendemos que é a idónea por moitos motivos. A nivel deportivo será un grupo moi competitivo e a nivel económico tamén considero que esta é a mellor opción se temos en conta as distancias e os desprazamentos», sinala o presidente.