miércoles, junio 29, 2022
Palco VIP
  • Login
  • INICIO
Palco VIP
No Result
View All Result

O Consello Municipal de Deportes abre o prazo para solicitar as axudas para federacións, clubs e entidades deportivas

Dotadas con 600.000 euros, daranlle apoio á organización de eventos e competicións e a gastos de funcionamento dos equipos

INICIO

Federacións, clubs e entidades deportivas poderán solicitar desde mañá, sábado, día 29 de maio as subvencións en materia deportiva que outorgará este ano o Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense. O Boletín Oficial da Provincia de hoxe publica as bases e o extracto da convocatoria, co que se abre o prazo para presentar as solicitudes. As bases e o extracto tamén se poden consultar na páxina web do Concello de Ourense.

A convocatoria conta cun orzamento de 600.000 euros, en 2 liñas. A liña 1, dotada con 100.000 euros, está dirixida á organización de actividades deportivas federadas e outras actividades de especial transcendencia deportiva que contribúan á promoción deportiva, e que se desenvolvan desde o 1 de novembro de 2020 até o 31 de outubro de 20921. As solicitudes poderán presentarse até o día 31 de outubro.

A segunda liña, dotada con 500.000 euros dará apoio aos gastos de funcionamento das entidades deportivas por participación ou organización de competicións ou actividades federadas de carácter oficial na tempada 2020-21. Neste caso, o prazo para solicitalas é 30 días naturais.

Con esta convocatoria, o Consello Municipal de Deportes dálle continuidade a estas liñas de subvencións que cada ano dan apoio á actividade deportiva de federacións, clubs e entidades deportiva. As principais novidades da convocatoria deste ano son:

– Increméntase a valoración da formación dos técnicos deportivos, de maneira que se valorará máis a formación co obxectivo de aumentar a calidade nas actividades.

– Introdúcense, entre as actividades de promoción, as telemáticas en época de confinamento, xa que lles serviron de grande axuda aos nosos deportistas tanto para manter a forma como a saúde.

– Inclúese a valoración de gastos derivados da adquisición e contratación de servizos de limpeza e desinfección para previr contaxios, tanto nos adestramentos como nas competicións.

Presentación das solicitudes, xunto coa documentación que se xunta, dirixiránselle ao presidente do Consello Municipal de Deportes, presentándoas obrigatoriamente de forma telemática conforme cos modelos ou anexos recollidos nas bases reguladoras a través da sede electrónica do Consello Municipal de Deportes no enderezo https://deportesourense.sedelectronica.gal

Share2Tweet2
Previous Post

Trofeo Internacional Kickboxing Cidade de Ourense

Next Post

Tercera División Permanencia en 3ª RFEF

  • INICIO

© 2021 Cadena ECO FM ©

No Result
View All Result
  • INICIO

© 2021 Cadena ECO FM ©

Welcome Back!

Login to your account below

Forgotten Password?

Create New Account!

Fill the forms below to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies

Add New Playlist

venenatis Sed dapibus luctus Curabitur ut accumsan commodo at
Ir a la versión móvil