miércoles, junio 29, 2022
Palco VIP
  • Login
  • INICIO
Palco VIP
No Result
View All Result

O CMD aproba as bases para as subvencións de entidades e para o desenvolvemento de actividades deportivas

INICIO

– As axudas, en réxime de concorrencia competitiva, están dirixidas á
organización de actividades deportivas federadas e outras actividades
de especial transcendencia social e para gastos de funcionamento
– A porcentaxe subvencionable non poderá exceder do 75% do custo
– Publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Ourense e no espazo
web http://www.deportesourense.com.

O Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes (CMD) aprobou, na súa
sesión semanal, as Bases reguladoras de subvencións en materia deportiva.
Estas axudas, en réxime de concorrencia competitiva, están dirixidas a dúas
liñas de financiamento: para a organización de actividades deportivas
federadas e outras actividades de especial transcendencia social que
contribúan á promoción deportiva (entre o 1 de novembro de 2020 e o 31 de
outubro 2021); e para gastos de funcionamento das entidades deportivas por
participación en actividades federadas de carácter oficial.
Poderán optar ás axudas do CMD as federacións deportivas e clubs ou
entidades deportivas inscritos/as no Rexistro de Asociacións Deportivas
Municipais, quedando excluídas aquelas que teñan débedas co CMD, as
sancionadas en firme por infraccións relacionadas coa xustiza deportiva ou as
que xa teñan convenios nominativos asinados, entre outros casos.
A porcentaxe subvencionable non poderá exceder o 75% do custo da
actividade, agás que se trate de actividades de especial interese público ou
social, debidamente xustificado no expediente.
Entre os gastos que se poden incluír, están os de oficina; adquisición de trofeos
ou material deportivo; publicidade da actividade da entidade; adquisición,
reposición da caixa de urxencias e gastos médico-fisioterápicos e
farmacéuticos; liquidación de gastos efectuados a monitores/as,
adestradores/as e profesores/as de escolas deportivas e equipos de
competición da entidade ou outros profesionais relacionados coa práctica
deportiva; mantemento, aloxamento e desprazamento de deportistas; dereitos
de arbitraxe; licenzas, mutualidade deportiva e inscricións en competicións;
seguros de accidentes ou de responsabilidade civil; cantidades satisfeitas por
utilización de instalacións deportivas; etc.
Como novidade desta convocatoria, as bases aprobadas no Consello Reitor
incrementan a valoración dos técnicos; introducen entre as actividades
promocionais todas aquelas relacionadas con medios telemáticos; e
introdúcese, no apartado 'Varios', a valoración de gastos derivados da
adquisición ou contratación de servizos de limpeza e desinfección para previr
contaxios relacionados coa COVID.
As bases publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Ourense e no espazo
web http://www.deportesourense.com.

Share3Tweet2
Previous Post

O Concello incorpora o ex futbolista Aníbal Pereira como persoal eventual para a área de Deportes

Next Post

La Ourense Termal Athletics Meeting se celebra este sábado en la pista del Campus

  • INICIO

© 2021 Cadena ECO FM ©

No Result
View All Result
  • INICIO

© 2021 Cadena ECO FM ©

Welcome Back!

Login to your account below

Forgotten Password?

Create New Account!

Fill the forms below to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies

Add New Playlist

fringilla leo. et, libero mattis adipiscing porta. massa Donec ut non
Ir a la versión móvil