A colaboración entre o Concello de Xinzo e la Fundación Celta de Vigo
refórzase trala renovación dun convenio de colaboración para a realización
de actividades deportivas e seguimento dos xogadores de Fútbol Base,
ademais da formación de técnicos. Tamén está prevista a realización dun
campus de verán. No acto estiveron presentes o concelleiro de Deportes,
Rafa Penabad; o presidente da Fundación Celta de Vigo, Germán Arteta; o
coordinador dos campus, Manuel Gómez, e o presidente das Escolas
Deportivas de Xinzo, Juan López.