O CD Ourense podería xogar contra o Depor da Coruña

O alcalde Gonzalo Jacome avanza nas xestións para que a cidade de Ourense teña un equipo de fútbol en 1ªRFEF

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, na súa tentativa de que Ourense teña un club de fútbol nunha categoría acorde coa cidade, e ante a negativa da UD Ourense a fusionarse co Ourense CF e poder facer un gran club competitivo ourensán, confirma que leva semanas captando profesionais do mundo do fútbol para situalos na cidade das Burgas, co capital privado destes.

O punto máis avanzado, é que recentemente houbo diversas conversacións co club de fútbol da 1ª RFEF, o DUX International, para explorar o traslado a Ourense cidade deste club para a tempada 2022-2023. O club incluiría o nome de Ourense na súa nomenclatura.

O DUX International é un club «sen casa», que peregrinou por diversos campos como local nos últimos anos. Neste sentido, Ourense cidade ofrécelle a este club o que non ten, e o club DUX International dálle a Ourense cidade, o que esta non ten, un club competitivo. Ambos se complementarían.

No accionariado do DUX International destaca o porteiro do Real Madrid, Thibaut Courtois, así como os célebres youtubers Kolderiu e DJMariicio, así como o equipo campión de Esports, DUX Gaming.

DUX International é o equipo de fútbol real español máis seguido en Twitch TV, e é precisamente este gancho das súas redes sociais un dos acicates que o alcalde cre que pode ser un extra para a cidade, xa que axudaría a promocionar o market place do comercio ourensán, que se lanzará en 2022 desde o Concello de Ourense e o Centro de Intelixencia Artificial.

O equipo xa podería xogar varios partidos no campo do Couto esta mesma temporada 2021/2022, fronte a equipos como o Deportivo da Coruña, o Pontevedra, o Racing de Ferrol ou o Racing de Santander, así como os encontros da Copa do Rei. Na seguinte temporada, a 2022/2023, o equipo xogaría no Couto todos os seus partidos.

Recentemente, as negociacións do alcalde de Ourense xa frutificaron no baloncesto, coa entrada de profesionais e capital privado no COB esta tempada 2021-22, que poden levar ao club ourensán á ACB en 2023-24.

Salir de la versión móvil