O barrio do Couto acollerá este sábado a primeira carreira nocturna

circuíto popular Correndo por Ourense 2022

O barrio do Couto acollerá este sábado a primeira carreira
nocturna do circuíto popular Correndo por Ourense 2022
 O prazo de inscrición segue aberto até o mércores, 25 na web de
carreirasgalegas
 As rúas do circuíto estarán pechadas ao tráfico de 21 a 23:30h, e a
rúa Dalí, punto de saída e meta, desde as 20h
Ourense, 23 de maio de 2022
O barrio do Couto acollerá este sábado a segunda cita do circuíto de carreiras
populares Correndo por Ourense que organiza o Consello Municipal de
Deportes do Concello de Ourense, na súa décima edición. Será unha carreira
nocturna, con saída e meta na rúa Dalí. Por este motivo, esta rúa estará
pechada á circulación de vehículos desde as 20h, e as restantes rúas incluídas
no circuíto (Ervedelo, Juan de Anges, Remedios e Antonio Puga) de 21 a
23:30h, polo que o Consello Municipal de Deportes recoméndalles aos veciños
que teñan en conta esta circunstancia para os seus desprazamentos.
754 atletas apuntáronse ata o día de hoxe no circuíto popular. O prazo de
inscrición (para atletas das categorías sub20, sub23, senior e máster) ten un
custe de 7 euros e pódese realizar na páxina web de carreirasgalegas. O prazo
remata o mércores anterior a cada carreira, e volve abrirse o luns seguinte a
cada proba.
A carreira do Couto terá a súa saída ás 22,00h para Pitufos, ás 22,05h, para
Benxamín e Alevín, ás 22:15h para Infantil e Cadete, ás 22,30h para Xuvenil,
Júnior, Promesa, Senior e Máster
O circuíto de carreiras populares Correndo por Ourense volverá o domingo, 11
de xuño, coa carreira nocturna do centro. As tres últimas citas serán as
carreiras matinais dos días 4 de setembro na zona universitaria, o 25 de
setembro coa da Ponte e o 23 de outubro coa da Carballeira.

Salir de la versión móvil